Inicio
Portada
Grupo
Discografía
Próximos concertos
Contactar/Contratación
Libro de visitas
O Bierzo
AIRA DA PEDRA · Música folk do Bierzo
AIRA DA PEDRA · Música folk do Bierzo AIRA DA PEDRA · Música folk do Bierzo AIRA DA PEDRA · Música folk do Bierzo
Castellano
Galego
English
Français

A Aldea - Aira da Pedra en O Bierzo

É unha aldea do Bierzo situada na Serra dos Ancares, na parte alta do fermoso val do río Burbia, sen dúbida uno dos ríos máis limpos do Bierzo.

O nome orixinal da aldea está en lingua galega e fai referencia a unha enorme lousa de pedra situada no centro da aldea, nun pequeno outeiro, desde onde se ve baixar ao Burbia, acabado de saír das entrañas da terra uns quilómetros val enriba. É nesta “Aira” onde antano os paisanos e as paisanas da aldea mallaban o trigo. Esta actividade está hoxe en día xa perdida, do mesmo xeito que outros labores agrícolas no Bierzo, e asemade supoñía á parte dun duro traballo uns momentos de reunión e ledicia nos que se acompañaba o traballo con cantos, risas e historias varias. Outra característica peculiar e interesante desta aldea é que nunca perdeu a súa toponimia orixinal, como si ocorreu na meirande parte do Bierzo leste a partir da triste e tráxica época da ditadura, especialmente nas poboacións máis importantes.

É do espírito e da enerxía que xorde das moitas aldeas do Bierzo de onde o grupo "Aira da Pedra" saca a súa inspiración, a súa música, un pequeno gran de area para que nin a sabedoría das súas xentes, acumulada xeración tras xeración, nin a vila de Ponferrada, lugar onde moitas familias emigraron dende o medio rural buscando, quizais, unha vida menos dura e un porvir distinto para os seus fillos, se perda no esquecemento.

Volver

2008 © AIRA DA PEDRA
Desarrollo web:
IRANON

A Aldea - Aira da Pedra en O Bierzo