A
gaiteira Susana Seivane, a Escola de Gaitas de Vilafranca e o grupo
Aira da Pedra son os galardonados na cuarta edición dos premios
que concede a Asociación Berciana da Lingua Xarmenta as persoas ou
colectivos que máis distinguíronse na defensa do idioma
galego. O acto de entrega celebraráse o próximo 15 de enero
no Teatro Bergidum de Ponferrada. Xarmenta decidíu premiar a Seivane, a Escola y Aira da Predra como representación de todo un movemento, rico e frutífero, que cre na importancia das raíces e a diversidade cultural como formas de compromiso coa sociedade e co futuro, explicaron na roda de prensa os responsables da asociación. O ámbito da música tradicional é nestes momentos no Bierzo, e en Galicia, o sector cultural máis comprometido coa posta en valor do propio, tanto na súa recuperación como na súa dignificación a través do bo facer, agregaron.
O éxito de Susana Seivane, de Aira da Pedra e da Escola de Gaitas de Vilafranca do Bierzo é o éxito de todos nós que nos esforzamos, dunha maneira ou doutra, para que a música e as letras que acompañaban aos nosos avós no traballo da aira, no fiandón ou nos labores domésticos non morran nunca.
Xarmenta recoñece a súa enorme satisfacción al otorgar o premio tanto á Escola de Gaitas de Vilafranca do Bierzo como ao grupo Aira da Pedra: Eles son un bo exemplo de que a mocidade está sensibilizada coa cultura; que a xente nova ten principios encamiñados cara á conservación do que nos diferencia como comunidade cultural; Aira da Pedra son a viva mostra do goce de crear boa música. Nas notas que saen dos seus instrumentos resoa a lingua galega do Bierzo coa forza que precisa para permanecer vivo nesta comarca.