|

Grabado
no estudio Tiorba Records, Campo Ponferrada (O Bierzo).
Técnico de grabación:
Jesús Ronda.
Masterizado no estudio Wahim Makinaciones, Vigo (Galiza).
Técnico de masterización:
Pancho Suárez.
Diseño gráfico:
Juanjo Villadangos e Aira da Pedra.
Formación Aira da Pedra:
Roberto Doural: Batería e percusión.
José Manuel Pérez: Gaita, whistle e percusión.
Marcos Mendo: Guitarra.
Carlos de la Torre: Frauta traveseira e voz.
Borja Fernández: Violín, mandolina e voz.
Colaboracións:
José Manuel Sabugo: Acordeón e voz na Jota de la Montaña.
 |
Be
Zeta
Several
Records (ano 2007)
Terceiro
e último disco até hoxe en día do grupo. Baixo o título,
Be Zeta, dúas letras aparentemente sen sentido, coas que o grupo quere
facer, unha vez más, referencia ao Bierzo (o seu territorio natal), posto
que Be Zeta é a representación fonética e escrita das
letras BZ, que serían las siglas da palabra Bierzo, como se dunha matrícula
se tratase.
Esta
rexión está situada xeograficamente a cabalo entre Galiza,
Asturias, León e, máis ao sur, aínda que non adxacente,
Zamora. Esta situación, culturalmente privilexiada, serve para que O
Bierzo beba de todos estes territorios e conforme co paso dos séculos
unha identidade de seu aínda que sen illarse, nin pretendelo, das zonas
veciñas. É por isto, que o grupo quere reflectir esta situación
neste novo disco. Tomando como referencia xeográfica O Bierzo, escolleu
unha serie de temas tradicionais das zonas limítrofes e pasounos baixo o
seu particular filtro musical. Así aparecen temas tradicionais como a Muiñeira
de Baillo (A Cabreira, entre O Bierzo e Zamora), a Jota de la Montaña
(Laciana, ao norte, entre Asturias e O Bierzo), Ancares-Leitariegos (Ancares,
comarca do noroeste do Bierzo e porto de Leitariegos, entre Asturias e León),
Ramo Verde (Sanabria, comarca de Zamora), Corrido del Bierzo Alto e Las Boleras
de Noceda (das comarcas do Bierzo Alto).
Por
outra banda, ademais das cancións tradicionais, o grupo segue a compor e
a interpretar os seus propios temas, que son un reflexo da influencia que o seu
contorno inmediato supón, a terra como fonte de inspiración: Si
Vas, Al Sol en sol, Run dum, É día chao e mais Arre Michel. Todo
isto se combina cunha selección moi coidada de imaxes que acompañan
a música para terminar de moldear unha opinión audiovisual sobre
os diferentes temas que alegran e preocupan ao grupo, sempre dun xeito discreto
e afastado da polémica directa, que cada quen pense que é o que o
disco lle quere transmitir.
|